10 de febreiro manifestación en defensa da sanidade pública

Desde Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, chamamos ao conxunto da mocidade galega a participar na manifestación nacional convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública este domingo en defensa da sanidade pública galega.

A precarización do sistema público de saúde galego é un problema que nos afecta a todas, reducindo a calidade do servizo para as pacientes e empeorando as condicións de traballo das traballadoras do sector, é por iso que debemos saír ás rúas para mudar esta situación e defender un dereito básico como é a sanidade.

Ademais, esta situación tén un claro culpábel. Dende a chegada de Feixóo ao goberno da Xunta o desmantelamento da sanidade pública foi progresivo, empeorando a súa situación ano tras ano e provocando mesmo mortes en centros de saúde pola precaria situación dos mesmos tanto en instalacións como, sobre todo, en persoal.

É por iso que chamamos a todas as mozas galegas a participar na manifestación convocada para este domingo 10 de febreiro que sairá ás 12:00 da Alameda de Compostela.

Leave a Reply

Your email address will not be published.