12 O: O imperialismo non é motivo de orgullo!

A mocidade galega non temos nada que celebrar este 12 de Outubro. Unha vez máis, o estado español, ven de demostrar o seu carácter represor e antidemocrático cunha nova vulneración de dereitos esenciais. Un estado que se diga democrático non pode seguir festexando o xenocidio acometido contra a poboación orixinaria do continente americano. Un estado que se diga democrático tampouco pode continuar coa represión cara as nacións sen estado na súa loita por acadar un futuro mellor.

Debemos sair á rúa reivindicando o noso dereito a vivir en democracia, a existir como nación, a exercer o noso dereito á autodeterminación e a construir a República Galega que solucione os graves problemas estrutirais da mocidade galega. Esta é a única solución para que non teñamos que emigrar e para que poidamos vivir dignamente, rachando coa podremia que carcome todo o sistema español.

A mocidade nacionalista debemos dar un paso adiante, neste contexto revolucionario no que está a debate a soberanía das nacións debemos pasar á ofensiva na reclación dos nosos dereitos como mozas, como clase traballadora e como nación. Só dende o conflito co sistema e mediante a intensificación da loita lograremos pór en marcha o preoceso de acumulación de forzas do lado de Galiza e do lado da democracia, co fin de acadar a nosa liberdade.

Desde Galiza Nova chamamos a toda a mocidade galega a dar un paso adiante na defensa do pobo galego e dos nosos dereitos fundamentais.

POLO NOSO FUTURO POLO FUTURO DA NOSA TERRA E DE TODOS OS POBOS DO MUNDO!