12N: Xornada Feminista en Ordes

xornada-feminstaordes-2016Este sábado 12 de Novembro realizaremos en Ordes unha xornada aberta de coloquio e tuppersex, que baixo o lema ‘Insubmisas e Rebeldes’ contará coas intervencións de Goretti Sanmartin (Vicepresidenta da Deputación Da Coruña), palestra sobre o traballo feminista no movemento xuvenil, coa participación de Lucía Veciño (Responsábel da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova) e Tuppersex dinamizado por Mai Insua, psicóloga e terapeuta sexual.

Agardámoste ás 20:00 horas, na aula da cruz Vermella nos baixos da Alameda de Ordes.
Insubmisas e Rebeldes, loitamos por unha Galiza feminista!