19 DE XUÑO: XORNADA NACIONAL DE LOITA

O 19 de xuño a mocidade e o conxunto do pobo galego estamos chamadas a unha xornada de nacional de  loita convocada pola CIG. É necesario que neste día saiamos ás rúas para defender o noso dereito como mocidade galega a podermos vivir con dignidade traballando con dereitos na nosa propia terra.

O cambio no panorama político estatal amosa que o PSOE non é a solución que precisamos a mocidade galega, pois fan parte do mesmo réxime corrupto español. Durante estes dous anos e medio as forzas teoricamente a favor da derrogación de leis tan regresivas coma a LOMCE, a Lei Mordaza ou das Reformas Laborais, non fixeron ningún movemento neste sentido. Do mesmo xeito o partido agora no goberno é o maior aliado do PP na aplicación do artigo 155 en Catalunya e a suspensión da autonomía catalá, encarcerando persoas pola súa ideoloxía e bloqueando gobernos lexítimos escollidos polo pobo catalán polos mesmos motivos.

Desde Galiza Nova somos conscientes de que a mobilización e o conflito co poder é clave á hora de reivindicar os nosos dereitos como mozas galegas e como clase traballadora, e é por iso que chamamos a toda a mocidade galega a saír masivamente este 19 de xuño ás rúas da Galiza, pola recuperación dos nosos dereitos, sobran razóns.

HORARIO E LUGARES DAS MOBILIZACIÓNS

  • A Coruña: Praza de Vigo, 20h
  • Cee: Praza 8 de marzo 20h
  • Ferrol: Praza de España, 20h
  • Santiago: Praza Roxa, 20h
  • Pontevedra:Praza da Ferreiría 20h
  • Vilagarcía:Casa do Mar, 20h
  • A Estrada:Praza do Mercado, 20h
  • Vigo: A Dobrada, 20h
  • Ourense: Edificio Sindical (Parque de San Lázaro), 20h
  • Lugo: Edificio Sindical (Ronda da Muralla), 20h
  • Burela: Local CIG (Avda. Arcadio Pardiñas), 20h
  • Monforte: Praza de España, 20h
  • As Pontes: Praza do Hospital, 19:30h
  • A Pobra do Caramiñal: Cantón da Leña, 20h