26M: COMO VOTAR POR CORREO

O 26 de maio haberá  Eleccións Europeas e as mozas e mozos da Galiza temos a oportunidade darlle aos nosos concellos o goberno que merecen. O BNG ten demostrado alí onde goberna que somos vangarda, un proxecto que leva o seu modelo de país aos concellos nos que goberna: nas vilas e cidades nas que está o BNG, amosamos o país que queremos, mellorando a vida das veciñas e veciños que ano tras ano confían no BNG. Isto vense demostrando nos concello de Pontevedra, Carballo, Muras e outras moitas vilas e cidades.

NON DEIXES QUE DECIDAN POR TI!

Se pensas que o 26 de maio non vas estar na localidade na que che corresponde votar, non te preocupes porque podes darlle unha oportunidade á túa vila/cidade votando por correo.

SE RESIDES NA GALIZA OU NO ESTADO ESPAÑOL

1º) PRAZO DE INSCRICIÓN NO CENSO DA OCE –ATE O 16 DE MAIO

Para solicitar o voto por correo deberás acudir a calquera Oficina de Correos para o cal precisarás:

  1. Identificarte co teu Documento de Identidade.
  2. Cubrir e entregar o certificado de inscrición na OCE (Oficina do Censo Electoral) destinada á Delegación Provincial correspondente, a través dun impreso que che proporcionarán en Correos.

Unha vez feito este procedemento, enviarase por correo á Delegación Privincial da OCE. É importante lembrar que a solicitude de voto por Correo impide o voto en mesa electoral durante o día das eleccións.

2º) REMISIÓN DA DOCUMENTACIÓN AO/Á ELECTOR/A – desde o 6 de maio ATE O 19 DE MAIO

Neste prazo a OCE enviará ás/aos solicitantes do voto por correo a documentación electoral. O envío realízase por correo certificado, ao enderezo sinalado polo elector/a na solicitude de inscrición do censo electoral, ou no seu defecto (se non consta o enderezo), ao enderezo que figura no censo electoral. Este sobre debe recibilo e asinar a súa recollida a persoa solicitante acreditando a súa identidade á funcionaria de Correos, polo que no caso de non atoparte na casa, deberás recollelo na Oficina de Correos que se che indique no aviso que deixará a funcionaria. Este sobre contén:

  1. O certificado de inscrición no censo.
  2. As papeletas e sobres electorais
  3. A Dirección da Mesa electoral que corresponde á solicitante
  4. Unha folla explicativa do proceso.

3º) ENVÍO DO SOBRE COA PAPELETA DE VOTO – ANTES DO 22 DE MAIO

Unha vez recibida a documentación debes introducir no sobre que contén o enderezo da mesa electoral o seguinte:

  1. O sobre coa túa papeleta.
  2. O certificado de inscrición no censo electoral.

Unha vez realizado isto, debes enviar por correo certificado e urxente o sobre.

DESDE FÓRA DO ESTADO ESPAÑOL

VOTO ERTA: VOTO POR CORREO DAS PERSOAS RESIDENTES TEMPORAIS FÓRA DO ESTADO ESPAÑOL

A normativa electoral establece o dereito de exercer o voto por correo ás persoas que viven fóra do Estado español temporalmente e estean inscritas no censo de residentes temporais (estudantes, traballador@s temporais.

1º) SOLICITUDE DO VOTO – ATE O 26 DE ABRIL

Esta solicitude debe realizarse nos Consulados de carreira e Embaixadas antes do 26 de abril. Nas propias oficinas consulares poden recoller o formulario oficial de solicitude, ou ben descargalo en internet.

2º) SOLICITUDE DE VOTO E REMISIÓN DA DOCUMENTACIÓN ELECTORAL ÁS/AOS RESIDENTES AUSENTES – A PARTIR DO 3 DE MAIO

O envío da documentación necesaria para exercer o dereito de voto neste caso realizarase desde o 3 de maio polas Delegacións Provinciais da OCE, e conterán a seguinte documentación:

1) Certificado de inscrición no censo.

2) Sobres de votación.

3) Papeletas de votación en branco, que deberán cubrir coa denominación e siglas da candidatura á que van votar. Ex: BLOQUE NACIONALISTA GALEGO – BNG.

4) Unha copia das páxinas do BOP onde figuren as candidaturas presentadas no concello.

5) O sobre co enderezo da mesa electoral onde lle corresponde votar ao elector.

6) Folla explicativa de todo o proceso.

7) Un impreso oficial para solicitar, no seu caso, o reintegro dos gastos de franqueo.

3º) ENVÍO DO SOBRE QUE CONTÉN O VOTO POR PARTE DO ELECTOR – ATE O 22 DE MAIO

Até o día 22 de maio podes remitir os seus sobres contendo as papeletas electorais (cubertas coa candidatura á que desexan votar) por correo certificado ás mesas electorais, de xeito similar ao establecido para o voto por correo ordinario. Poden acrecentar dentro do sobre exterior (non do sobre de votación) o impreso para que lle sexan reintegrados os custes do envío. Debe salientarse que nos sobres certificados tamén haberá de constar un carimbo ou inscrición oficial, ou dunha Oficina de Correos do Estado estranxeiro, que acrediten e exercicio do dereito do voto antes do vencemento do prazo sinalado.

*Todo o proceso é de balde.
** Unha vez que solicitas o voto por correo (aínda que despois desistas) impide o voto presencial na mesa electoral o día das eleccións.
*** Para que o teu voto sexa válido, ten que constar claramente no sobre dirixido á Mesa electoral o mataselos ou inscripción oficial dunha oficina de correos do Estado no que esteas, de xeito que acredite que se remitiu todo dentro do prazo previsto.

 

Leave a Reply

Your email address will not be published.