26S LUGO SEN MORDAZAS

Desde Galiza Nova chamamos a participar na manifestación convocada para este pola plataforma Lugo sen Mordazas en contra do borrador da ordenanza “Cívica” impulsada polo goberno municipal do PSOE e apoiada por PP e C’s.

Consideramos esta ordenanza como un atentado aos dereitos e liberdades individuais e colectivos ademais de ter un transfondo xenófobo, clasista e moi agresivo contra os colectivos máis marxinados polo sistema.

Logo da inicial caricaturización e banalización da ordenanza por parte de moitos medios de comunicación con puntos como a famosa prohibición de manter relacións sexuais nos coches, a multa por facer chamadas “jocosas” ao teléfono da Policía Local e un longo etcétera de sancións absurdas, cómpre poñer o foco na intencionalidade real desta ordenanza; censura  e represión contra os movementos sociais, criminalización da pobreza con multas por pedir esmola ou vender panos de papel, persecución dos xogos e deportes na rúa, sancións contra músicos por tocar na rúa ou por calquera outra expresión artística…

Fronte ao modelo individualista e de privatización dos espazos públicos queremos rúas vivas e inclusivas  con actividade cultural e de ocio para desfrute de todas

Vémonos este mércores 26 de setembro ás 20:30h na Praza de Santa María.