29 abril Xornada GZ é Revolución

acto compostelaO vindeiro venres 29 tes un evento que non podes perder. Galiza Nova convida á participación na Xornada nacional GALIZA É REVOLUCIÓN. Este encontro aberto está enmarcado nas actividades reivindicativas e formativas que desde a organización xuvenil estamos a levar a cabo en múltiples localidades do País para sumar máis voces, reflexións e forzas á defensa dunha Galiza ceibe, a rachar coa dependencia e erguer a nosa nación, unha Galiza xusta, solidaria, próspera, con traballo digno e liberdade para a mocidade galega.

As xornadas terán lugar na Biblioteca Ánxel Casal, Compostela, e son de entrada libre. Posteriormente, na Sala Malatesta, haberá concerto pola Lingua, coas actuacións de Skandalo GZ, O Leo e Navia Rivas, cunha entrada solidaria de 5 euros.

PROGRAMA

17.30h Palestras e coloquios.
Biblioteca Ánxel Casal (Xoán XXIII).

17:30 SITUACIÓN E LOITA DAS CLASES TRABALLADORAS GALEGAS.

– SABELA BARÁ, integrante da Comisión Permanente de Galiza Nova.
– PAULO CARRIL, Secretario de Organización da CIG.

18:15 SITUACIÓN LABORAL DAS MOZAS GALEGAS.

– LUCÍA VECIÑO, Responsábel Nacional da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova.
– PAULA CASTRO, Xornalista da CIG e Responsábel da Asemblea Comarcal do BNG de Compostela.

19:00 Autodeterminación para unha GZ con futuro.

– ALBERTE MERA, Secretario Xeral de Galiza Nova.
– MONTSE PRADO, Deputada do BNG.

22:15h CONCERTO ‘LIBÉRATE COA TÚA LINGUA’.

Sala Malatesta (Rúa San Lourenzo). Entrada 5 euros.

– NAVIA RIVAS.
– O LEO.
– SKANDALO GZ.