No marco da campaña Rebélate, organízate e loita por unha Galiza ceibe presentamos as 50 medidas para liberar a mocidade galega. Comprobamos ao longo dos anos que o estado español é irreformábel. A podremia das súas institucións, que nos negan como nación e como pobo e que están ao servizo do gran capital, fai que as nosas condicións de vida como mozas e mozos que vivimos na Galiza sexan totalmente inxustas.
Para rematar con esta vergoña é necesario que academos a nosa soberanía cunha república independente, para podermos desenvolver as nosas capacidades plenamente. Esta é a república galega que queremos construír, a república do emprego digno para a mocidade, a das mulleres libres, a do ensino público de calidade, a da liberdade para as persoas LGTBI; en definitiva unha Galiza ceibe e popular.
Podes lelas nesta imaxe ou descargar a voandeira premendo aquí
[…] Chegou o momento de que pasemos á ofensiva e construamos un ensino público galego e de calidade mediante a creación dunha Lei Galega de Educación fronte a lei que proporán os partidos estatais en Madrid e que será continuadora totalmente da LOMCE. A derrogación desta lei retrógrada, elitizadora e españolista e a creación dunha Lei Galega de Educación pensada por e para a comunidade educativa galega é a medida nº 10 das 50 medidas para liberar a mocidade galega. […]