Apoiamos a eclaración de Parque Natural para o Monte Pindo.

MONTE PINDO PARQUE NATURALGaliza Nova apoia a proposta de declaración de Parque Natural para o Monte Pindo.
Desde Galiza Nova apoiamos a proposta de declaración de Parque Natural para o Monte Pindo, realizada pola organización ecoloxista ADEGA e presentada recentemente perante o Observatorio Galego da Biodiversidade.

 

Desde a nosa organización valoramos moi positivamente esta proposta xa que entendemos que a declaración de Parque Natural será moi beneficiosa non só para o noso medio, senón tamén para os habitantes deste entorno, e agardamos que desde a Xunta de Galiza se efectivice, a comezar pola xuntanza do Observatorio Galego de Biodiversidade, inactivo desde a chegada do PP ao goberno galego.

 

Dende Galiza Nova na comarca da Costa da Morte estamos a desenvolver unha intensa campaña reivindicativa, informativa e de sensibilización entre a veciñanza arredor desta cuestión. Desde a nosa organización facemos unha chamamento a persoas e colectivos para que, ao igual ca nós, apoien este proxecto en defensa da nosa Terra.

Leave a Reply

Your email address will not be published.