7 estudantes a xuízo e identificacións na concentración solidaria

represiónDesde a mocidade nacionalista enviamos toda a nosa solidariedade ás 7 estudantes que declararon esta cuarta feira nos Xulgados de Ourense pola súa participación na folga estudantil do 11 de outubro de 2012, en defensa do ensino público e dos pobos, convocada polas organizacións do estudantado nacionalista. O Ministerio fiscal solicita máis de 16 anos de prisión e a acusación particular solicita indemnizacións de 5.000 euros.

Ademais, temos que denunciar novamente a intimidación que as forzas policiais exercen contra quen se mobiliza, mesmo para amosar a súa solidariedade con estas estudantes. Así pois, esta mañá, no marco da concentración de apoio convocada, as persoas que portaban a faixa de solidariedade foron identificadas polo policía.

Non máis represión contra a mocidade galega!