24F Día de Rosalía

Este 24 de febreiro reivindicamos o Día de Rosalía, con motivo da data de nacemento da nosa escritora fundacional e un dos nosos maiores símbolos de afirmación nacional.

Queremos reivindicar a Rosalía libre das manipulacións históricas que España nos lega, nunha Galiza na que os seus versos se volven, se cabe aínda, de maior vixencia debido ao aumento da dependencia da nosa nación, o empeoramento das condicións de vida da nosa mocidade (desemprego, emigración…), a marxinación da nosa lingua e cultura e a perda de dereitos das mulleres galegas. Son tempos de coller a fouce das aldraxadas e clamar pola xustiza, de erguer a Galiza viva e orgullosa, rebelde coma Rosalía e construír a República da Galiza, que levará o nome de Rosalía e de todas as Rosalías, as mulleres galegas, as nacionalistas, as combativas que nunca se resignaron, que sempre denunciaron, construíron e loitaron.

Rosalía sempre viva na nosa memoria e acción.