Coloquio: O traballo desde unha óptica feminista e de clase

Este venres 11 de marzo, ás 20h, Galiza Nova organiza unha palestra-coloquio no Local Comarcal do BNG de Pontevedra.

Nela, Diana Rodríguez, sindicalista da CIG falará do traballo dende unha óptica feminista e de clase.

Nesta semana con dúas datas moi significativas como son o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres Traballadoras, e 10 de marzo, Día da Clase Obreira, queremos chamar a atención sobre a precariedade á que nos vemos sometidas, especialmente se somos mozas.

Falaremos da historia da CIG, o sindicato nacionalista e de clase na Galiza, afondaremos na situación do mercado laboral e como enfrontarnos a el, e formarémonos para seguir loitando por esixir os nosos dereitos, que nos están a ser roubados.