Os cartos dos Borbóns para salarios d@s galeg@s!

5. felipe webMentres os salarios na Galiza continúan a diminuír sendo os máis baixos do estado español, as galegas e galegos pagamos máis ao Rei de España. O soldo do Borbón aumenta en 2016 un 1% máis, acadando 234.204 euros brutos (segundo os datos oficiais e declarados). Pola súa banda a Raíña de España pasará a cobrar 130.092 euros Juan Carlos de Borbón, 189.228 euros.

Nunha Galiza sen emprego e empobrecida polo cpaital español, os borbóns continúan a vivir nunhas condicións absolutamente diferentes ás da gran maioría da poboación galega. Lembremos que os seus soldos son só unha pequena parte: 7 775 040 euros son a parte de asignación directa, ou o que é o mesmo, a que lle corresponde a uso e desfrute persoal da casa real. Logo, existen outras partidas desde diferentes Ministerios, algunhas delas moi elevadas e que segundo un estudo levado a cabo por Amadeo Martínez Inglés, o custo total da monarquía Española supera os 561 millóns de euros.

Máis unha vez, o goberno español confirma a estafa á que o pobo galego se ve sometido nun sistema pensado e gobernado por aqueles poderosos dispostos a recortar nos nosos dereitos en sanidade, educación, pensións, salarios, xustiza… E estes gobernos, son amigos mesmamente dos propios reis, tal e como se demostrou coa amizade íntima existente entre López Madrid (un dos acusados no escándalo das tarxetas black de Caja Madrid, xenro do construtor Villar Mir e membro do consello de administración de OHL), vinculado así mesmo co Partido Popular e coa trama Púnica por supostos pagos en negro a cambio de concesións.

A conivencia entre os partidos españois, a monarquía e as grandes empresas é perfectamente visíbel e palpábel. Unha relación de afecto que pagamos todas e todos a cambio de soldos de miseria, pois o soldo medio dunha persoa moza galega apenas chega aos 650€.

Cómpre derrubalos. Cómpre erguer a bandeira da República da Galiza, esixir os nosos dereitos, loitar por unha Galiza ceibe e sen explotación.

Desde Galiza Nova esiximos non pagar a monarquía, os nosos cartos cos que estamos a manter nunha vida de luxo aos parasitos dos Borbóns deben ir para xerar emprego digno na Galiza e para o ensino e a sanidade públicas!

Queremos República, República da Galiza!

“Antes de ser escravos,
¡irmáns, irmáns galegos!
que corra o sangue a regos
dende a montana ó mar.

¡Ergámonos sin medo!
¡Que o lume da toxeira
envolva na fogueira
o pazo siñorial!”

Ramón Cabanillas (1979). Acción Galega