Galiza Nova lembra a Manuel María na Coruña

mmEste sábado 7 agardámoste no Campo da Leña na Coruña, ás 12 do mediodía para homenaxear ao noso poeta e compañeiro Manuel María dun xeito moi participativo. No marco da campaña ‘Libérate coa túa lingua’ que Galiza Nova está a levar a cabo por todo o país, queremos recoñecer o grande traballo por Galiza de Saleta Goi e Manuel María e o continuo compromiso de ambos no apoio á loita da mocidade galega por unha Patria soberana, con futuro e liberdade para a xuventude.