Noia: este martes coloquio con Hassanna Aalia

Hassana NOIA 2016Noia acollerá este martes 10 de maio un acto aberto no que conversaremos co mozo activista e refuxiado saharaui, Hassana Aalia, quen nos falará da situación nos territorios ocupados do Sahara Occidental.

Será ás 20.30h na Casa da Cultura en Noia.

En outubro de 2010, Hassana tomou parte no campamento Gdeim Izik, denominado o campamento da dignidade, unha acción de protesta en defensa dos dereitos humanos do pobo saharauí e contra a ocupación marroquí. Após ser atacado e desmantelado o campamento, Hassanna foi xulgado e condenado por rebeldía a cadea perpetua xunto con outr@s 24 compañeir@s. Actualmente o estado estado español pretendeu e pretende denegarlle a petición de asilo político.