Día da visibilidade lésbica galega

Con motivo do aniversario do desafío histórico acontecido en 1901 na Coruña, co casamento de Elisa e Marcela, imos declarar o Día da Visibilidade Lésbica Galega. Ven reivindicar connosco unha Galiza libre e diversa!
Ven este luns a María Pita, na igrexa de San Xurxo, lugar do casamento, para coñecer a historia e a vida de represión e inxustiza que padeceron Elisa e Marcela polo seu desafío, e reivindicar, loitar e construír orgullo!