narcopresidenteAs amizades perigosas de Núñez Feijóo son numerosas, como o narco Marcial Dorado ou o conseguidor Pachi Lucas, das que non deu máis explicacións que a frase “só lembro que había neve”.

O Tribunal Supremo confirmou a condena a seis anos de cárcere a Marcial Dorado por branquear diñeiro, Pachi Lucas foi imputado tamén como presunto conseguidor da trama ZETA e o Presidente da deputación de Ourense, José Manuel Baltar, imputado pola comisión de dous presuntos delitos, suborno e tráfico de influencias, ademais de por acoso sexual. E mentres, Feóijo nunca deu explicacións das súas “amizades perigosas”.

Feijóo tamén mira para outro lado ante os indicios de que o Partido popular galego sexa unha peza central na trama do financiamento ilegal do PP.

UN dos problemas de Feijóo son as fotos: ademais das fotos co narco e o conseguidor, Feijóo aparece abrazado ao Presidente de Iberdrola no mes de abril de 2009. No mes de febreiro Iberdrola pedía a suspensión do concurso eólico, e en agosto, despois de tan tenro abrazo, a Xunta anula aquel concurso, anulación que agora o Supremo ratifica que foi ilegal.

A corrupción tamén é supeditar o interese público a intereses privados e Feijóo tirou abaixo un modelo de participación pública e un modelo que podía converterse en referencia para outros territorios.