A mocidade galega con Catalunya

CATNesta Diada 2016, a mocidade nacionalista envía un ano máis todo o apoio e solidariedade nesta data tan importante para os Països Catalans. Milleiros e milleiros de catalás e cataláns saíron ás rúas para reivindicar o dereito a decidir libre e democraticamente o seu futuro como nación nos últimos anos. As mozas e mozos de Galiza Nova temos o convencimento de que o pobo catlán dará de novo un exemplo de dignidade e loita pola independencia.
Sen dúbida, esta Diada será todo un éxito e o apoio popular repetirase nos vindeiros retos que o nacionalismo ten por diante en Catalunya. Ademais, a cercana consecución da autodeterminación de Catalunya dará forza e ánimo a todos os pobos en loita para continuar adiante até a conquista da nosa independencia.

O camiño de Catalunya xa non ten volta atrás, e nel queremos acompañarvos.

Visca Catalunya lliure!
Viva Galiza ceibe e popular!