9 de marzo: folga no ensino

Dende Galiza Nova chamamos a toda a mocidade galega a participar na folga no ensino convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que formamos parte. Despois de apoiar as mobilizacións de Erguer. Estudantes da Galiza o pasado 16 de febreiro cremos necesario volver a saír ás rúas o 9 de marzo, nunha folga conxunta de profesorado, ANPAS e estudantado.

A pesar de que a LOMCE está paralizada e as reválidas non fosen aplicadas, enfrontámonos á posibilidade de que o goberno español e algunhas forzas políticas aproben un pacto educativo, como resposta á gran oposición que o estudantado amosou contra esta lei. Un pacto entre partidos que nunca traballaron por un modelo de ensino adapatado ás necesidades do estudantado galego.

Ningunha reforma ou acordo que non teña en conta a opinión da comunidade educativa será a solución. A vía a seguir é a derrogación completa da LOMCE, non un parche que encubra a implantación da mesma lei con outro nome.

AS MOBILIZACIÓNS SERÁN ÁS 11:30 NAS SEGUINTES LOCALIDADES:

  • A Coruña: Praza de Vigo
  • Compostela: Alameda
  • Ferrol: Praza de España
  • Lugo : Praza do Seminario
  • Ourense: Subdelegación do Goberno
  • Pontevedra: Praza da Peregrina
  • Ribeira: Diante do IES nº1
  • Vigo: Praza América