A Asemblea Comarcal da Mariña renova responsabilidades

No centro da fotografía, Arantxa Santos (esquerda) e Iria Rivas (dereita).

O pasado sábado 29 de decembro, a Asemblea Comarcal da Mariña, decidiu reelixir a Arantxa Santos como Responsabel Comarcal e incorporar a Iria Rivas como Responsabel de organización.

A equipa busca ampliar as liñas de traballo nas localidades con menos presenza de militantes e simpatizantes, como Foz ou Viveiro, para animar á mocidade a organizarse en Galiza Nova. Ademais, encetan esta etapa coa aspiración de darlle un maior pulo ás redes sociais da comarca.

Ambas compañeiras encaran este novo período como responsábeis co obxectivo de consolidar a implantación da organización na comarca de maneira que lles permita loitar mellor polos intereses da mocidade da comarca.