Icía Abraira e Ruth Gallego novas responsábeis nas Mariñas (centro)

A Asemblea Comarcal das Mariñas reelixe a Icía Abraira como responsábel comarcal

Icía Abraira e Ruth Gallego novas responsábeis nas Mariñas (centro)

O pasado xoves 3 de xaneiro reuniuse a Asemblea Comarcal de Galiza Nova As Mariñas. Icía Abraira, que fora escollida responsábel comarcal na constitución da nova asemblea no pasado outono, foi reelixida por unanimidade. Ademais, tamén se escolleu a Ruth Gallego como responsábel da Asemblea de Mulleres e ambas responsábeis declararon coller a tarefa con forza e gañas de traballar.

A militancia das Mariñas afronta este período con ilusión avaliando o traballo levado a cabo despois da creación da Asemblea Comarcal no 2018 e tendo como principal obxectivo espallar a súa actividade nas localidades da comarca e loitar polos intereses da mocidade animándoa a organizarse en Galiza Nova.

As primeiras actividades programadas pola organización na comarca son a de continuar a denunciar a situación precaria do transporte na comarca, tanto para moverse dentro dela como para desprazarse ás cidades, así como comezar a traballar na campaña de apoio á Folga de Mulleres convocada pola CIG para o vindeiro 8 de marzo coas mozas da comarca.