De esquerda a dereita: Fran Gómez, María Alonso, Brais Ruanova e Alexandre Pérez

A Asemblea Comarcal de Vigo renova as súas responsabilidades

De esquerda a dereita: Fran Gómez, María Alonso, Brais Ruanova e Alexandre Pérez

O pasado sábado 22 de Decembro a Asemblea Comarcal de Vigo elixiu ás súas responsabilidades.

Revalidan o cargo Brais Ruanova que estará á fronte da responsabilidade primeira, María Alonso como Responsábel da Asemblea Comarcal de Mulleres e Fran Gómez na Responsabilidade da Asemblea Comarcal LGBT. O troco produciuse na Responsabilidade Comarcal de Organización, na que Alexandre Pérez substitúe a Brais Ferreiro.

Entre os obxetivos para afrontar este novo curso, a Asemblea propúxose seguir aumentando o número de mozas e mozos militantes que se achegan á organización e crear en Galiza Nova un punto referencial da loita xuvenil na Comarca de Vigo.

O traballo estará moi centrado en ilusionar á mocidade e mostrar como o traballo organizado dende o nacionalismo é garantía para acadar unos dereitos devaluados polas políticas ó servizo do gran capital.

Así e todo, cunhas eleccións municipais tan preto e, con moita mocidade decepcionada polo trato de segundas en políticas xuvenís,