A candidatura do BNG é a da mocidade galega! Polo futuro digno na nosa Terra!

 

_19I2151eleccions 1Na candidatura do BNG ás eleccións europeas participamos mozas e mozos representantes das loitas sociais dispost@s a facer fronte á Unión Europea para frear a súa ofensiva contra a Galiza, defender o futuro digno para a mocidade galega na nosa terra, e erguer unha outra Europa: social e dos pobos.

Somos activistas sociais do movemento estudantil, mocidade en precario e emigrada quen formamos a candidatura do BNG xunto a traballadoras/es do agro, do mar, do naval, estafad@s polas preferentes, activistas pola sanidade pública, artistas e escritoras/es comprometid@s, movemento feministas ecoloxista, activistas antidesafiuzamentos…

Cómpre defendérmonos desta Europea. Fronte á dependencia económica e a ditadura do capital é preciso gañarmos o dereito a decidir como pobo sobre os nosos recursos, sobre as nosas vidas, sobre o noso futuro. Só nós, as galegas e os galegos, acreditando nas potencialidades da Galiza, defenderemos os dereitos e intereses do noso País.

O 25 de maio é a oportunidade de cambiar as decisións inxustas para Galiza que veñen desde Europa, e de defendérmonos a través da práctica rupturista do Bloque Nacionalista Galego.

 

Estas somos as mozas e mozos que conformamos a candidatura do BNG para as eleccións europeas do 25 de maio:

– Olalla Rodil Fernández, 24 anos. Candidata nº3. Xornalista especializada na UE. Responsábel de Relacións Internacionais de Galiza Nova.
– Alba Castanedo Sánchez, 20 anos. Estudante na Coruña e activista do movemento estudantil nacionalista.
– Mirian Rodríguez Fernández, 29 anos. Activista na Plataforma de Afectad@s polas Preferentes do Baixo Miño.
– Davinia Rubinos Regueiro, 26 anos Traballadora e enxeñeira técnica industrial. Activista no movemento feminista.
– Iago Rodríguez-Lestegás Tizón, 27 anos. Arquitecto e investigador na emigración.
– Inma García Escourido, 24 anos. Estudante de Dereito en Santiago e responsábel comarcal de Galiza Nova.
– Alberte Mera García, 26 anos. Secretario Xeral de Galiza Nova.