“A manada é o sistema” coloquio en Pontevedra

O vindeiro venres 25 de xaneiro ás 19.00h estaremos na Casa da Luz de Pontevedra con Carme Fouces, Concelleira de Igualdade do Concello de Pontevedra, e con María Bará, Responsábel Local de Galiza Nova, cunha palestra que leva por título “A MANADA É O SISTEMA”, organizada pola asemblea comarcal de Pontevedra.

Esta é a campaña que se lanzou dende o BNG con motivo do 25N. Trata de denunciar que a violencia exercida contra as mulleres non é un caso illado nen excepcional nunhas festas, nen a forma de vestir, nen o que bebeses esa noite … senón que vén dun sistema que certifica, tolera e consinte que as mulleres sexan agredidas polo feito de ser mulleres e que estas vexan que os seus dereitos non son garantidos nen pola xustiza corrompida, machista e patriarcal; nen polas institución e tampouco dende a política.

Leave a Reply

Your email address will not be published.