“A manada é o sistema” coloquio en Monforte

O vindeiro sábado 15 de decembro ás 19.30h estaremos Centro do Viño en Monforte con Olalla Rodil, deputada do parlamento Galego, cunha palestra que leva por título “A MANADA É O SISTEMA”, organizada pola asemblea comarcal de Galiza Nova en Lugo Sul.

Esta é a campaña que se lanzou dende o BNG con motivo do 25N. Trata de denunciar que a violencia exercida contra as mulleres non é un caso illado nen excepcional nunhas festas, nen a forma de vestir, nen o que bebeses esa noite … senón que vén dun sistema que certifica, tolera e consinte que as mulleres sexan agredidas polo feito de ser mulleres e que estas vexan que os seus dereitos non son garantidos nen pola xustiza corrompida, machista e patriarcal; nen polas institución e tampouco dende a política.