A mocidade galega con Catalunya. Avante a independencia dos pobos!

cataluñaQueremos enviar todo o apoio e solidariedade da mocidade nacionalista ao pobo catalán ante este domingo 9 de Novembro no que se celebrará a consulta para decidir sobre a independencia de Catalunya. As mozas e mozos de Galiza Nova temos o convencemento de que o pobo catalán dará de novo un exemplo de dignidade e loita pola independencia. Enviamos todo o noso apoio á sociedade catalá, que non claudica no dereito a votar democraticamente fronte aos impedimentos do réxime español que ameaza con anular a autonomía catalá para frear a consulta. Denunciamos a prohibición da primeira consulta e o ataque ao proceso participativo posto en marcha para este domingo, que é de novo atacado polo Tribunal Constitucional e os aparatos do sistema español. A pesar da incerteza de como reaccionará o goberno español este domingo, sabemos que o pobo catalán este cheo de firmeza, esperanza e ilusión, e que a independencia será, máis pronto ca tarde unha realidade.

O camiño de Catalunya xa non ten volta atrás, e nel queremos acompañarvos.
Visca Catalunya lliure!
Viva Galiza ceibe e popular!