A mocidade galega loita nas rúas contra a LOMCE

Logo das masivas mobilizacións desta mañá, desde Galiza Nova queremos parabenizar á organización unitaria do estudantado galego, Erguer. Estudantes da Galiza, polo éxito da xornada de Folga estudantil deste 24 de novembro. Milleiros de estudantes participaron das mobilizacións que se produciron nas diferentes localidades no noso país contra as reválidas e a LOMCE.

O seguimento da folga, segundo os datos facilitados por Erguer, foi dun 90% no ensino medio e universitario. Estes datos, xunto á masiva mobilización, amosan o rotundo éxito da folga estudantil, así como o rotundo rexeitamento  ás políticas educativas do estado español que Feijóo aplica sen remordementos na Galiza, coas que pretenden pechar as portas do ensino ás mozas e mozos galegos.

Galería de imaxes