Palestra ‘Adèu Espanya: a mocidade no proceso de independencia catalán’

tempodedeauto

O vindeiro mércores 12 Galiza Nova organiza unha palestra sobre o papel da mocidade no proceso de independencia de Catalunya, para analizarmos e compartirmos experiencias do traballo e a loita da mocidade catalá e galega pola independencia das nosas nacións.

No acto, que terá lugar na aula 2 da facultade de Filosofía de Compostela o vindeiro mércores 12 ás 20 horas, participará Gerard Gómez del Moral, Secretario Xeral das Juventuts d´Esquerra Republicana de Catalunya (JERC) e o Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera García; e estará presentado pola xornalista Olalla Rodil Fernández.

Festa da autodeterminación

Con motivo da celebración na Galiza da Asemblea Xeral das mocidades da Alianza Libre Europea (grupo europarlamentario no que o BNG está integrado) Galiza Nova realizará como organización anfitrioa a ‘festa da autodeterminación’ cunha foliada no Grándola (Rúa Cardenal Payá, 18 -esquina con Mazarelos; Santiago).

A Asemblea Xeral, que decorrerá baixo o título Tempo de autodeteminación, reunirá na Galiza a máis de 21 organizacións de nacións sen estado de toda Europa e será unha oportunidade para a mocidade galega amosar a nosa longa historia de compromiso e loita pola liberación nacional e social da nosa Patria.