“A necesidade de autoorganización das mozas galegas” Coloquio en Monforte

O vindeiro sábado 23 de febreiro ás 19:00h estaremos na cafetería Moment’s (Centro Cívico) de Monforte con Lucía Veciño, historiadora especializada en Historia do Xénero Contemporáneo e integrante da Dirección Nacional de Galiza Nova, cun coloquio que leva por título “A necesidade de autoorganización das mozas galegas”, organizado pola asemblea comarcal de Lugo Sul.

Este acto forma parte da campaña coa que, desde Galiza Nova, queremos socializar entre as mozas a folga convocada polo sindicalismo obreiro galego, a través da CIG e as distintas mobilizacións que convoca o movemento feminista galega a través de Galegas8M

Facemos tamén un chamamento a acudir á manifestación nacional do domingo 3 de marzo, ás 12h en Lugo e a todas as convocatorias locais e comarcais do 8 de marzo.

SE NON CONTAN CON NÓS, QUE PRODUZAN SEN NÓS! MOZAS EN FOLGA POR UNHA GALIZA FEMINISTA