“A opresión capitalista nos corpos das mulleres” en Pontevedra

Dende a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova en Pontevedra queremos que se coñeza a realidade pola cal o corpo da muller é oprimido cada día máis, envolto nun sistema capitalista e destructor, polo que este xoves 30 de Novembro, achégate a partir das 19.00h ao Moma Music Hall, na rúa Tetúan N°10 (ao carón do Teatro Principal) á palestra sobre A opresión capitalista nos corpos das mulleres.

Nela contaremos coa participación de Lola Ferreiro, médica e sindicalista feminista, quen nos exporá como o sistema capitalista se retroalimenta en conxunto co patriarcado para exercer sobre os nosos corpos unha opresión que vai desde a explotación laboral até o máis próximo á nosa saúde, así coma coa Responsábel Comarcal da Asemblea de Mulleres de Pontevedra, Uxía Couto.

Infórmate, conciénciate e empodérate con nós!