“A opresión capitalista nos corpos das mulleres” en Compostela

Este mércores 25 de outubro as 20:15h no bar Caldeirería, terá lugar unha palestra onde trataremos como a opresión capitalista inflúe nos corpos das mulleres. Falaremos da capitalización da menstruación e da visibilización de métodos máis saudables e ecolóxicos, como pode ser a copa menstrual, que non están aínda suficientemente mediatizados.

Contaremos coa presenza de Lola Ferreiro, da CIG, quen nos exporá como o sistema se retroalimenta do patriarcado para exercer sobre os nosos corpos unha opresión que vai desde a explotación laboral até o máis próximo á nosa saúde.