A situación internacional tras a chegada de Trump ao poder en Moaña

Este venres, 21 de Abril, ás 20:00h desde Galiza Nova organizaremos un coloquio na Casa da Mocidade de Moaña (r/Maria Martin s/n Urb O Rosal) sobre os cambios que se están a dar no panorama internacional tras a chegada ao poder de Trump nos EUA, coa participación de Duarte Correa (analista internacional).

Con este coloquio pretendemos analizar en profundidade os cambios que se están a producir no panorama internacional tras a vitoria de Trump e as relacións de poder que comezan a emerxer a raíz da mesma, entre outros temas.

Debatiremos tamén sobre da situación actual do estado sirio após dos ataques lanzados polo goberno de Trump e as consecuencias internacionais ocasionados por éstos con países como Rusia ou Corea do Norte, que non fan senón medrar a tensión entre unhas das maiores potencias militares do mundo. Pode, a situación actual, desencadear un conflicto militar de escala mundial?

Achégate a debatelo connosco!