Acode á Xornada de Formación de Galiza Nova en Moraña

3Participa este sábado na Xornada de Formación que a comarca de Galiza Nova organiza en Moraña.

Os coloquios desenvolveranse na sede do BNG de Moraña ( Carballeira de Sta. Lucía). Ademais da intervención de mozas/os reprensentantes das inquedanzas e dos ataques que padece a mocidade galega tamén contaremos coa participación Bieito Lobeira, Tareixa Paz, Eva Vilaverde e Guillerme Vázquez.

Ideas e forza que serán amenizadas amenizadas con proxeccións nas que se falará sobre a pésima situación que os gobernos do PP están levando á mocidade galega e sobre as propostas que como nacionalistas propoñemos.

Este acto dará comezo ás 11h da mañá e o xantar será sobre as 14h no restaurante O Pouso – 10 euros persoa- e retomaremos as actividades ás 17h.

Para toda aquela persoa da comarca que queira asistir e teña problemas de desprazamento, poden porse en contacto en gnpontevedra@hotmail.com.

Ligazón ao blog de Galiza Nova comarcal con máis información: http://gnpontevedra.blogaliza.org/2014/03/12/841/

Agardámosvos!