Acode ás concentracións contra o feminicidio!

Este vindeiro 27 de maio ás 19:30h, perante os xulgados de Ourense, Lugo, Ferrol, Compostela e Coruña, o Feminismo Galego volta convocar accións de protesta masivas “en repulsa á ineficacia dos poderes públicos e contra o patriarcado que aínda permea na sociedade galega”, o que leva cobradas, afirman, “as vidas de medio centenar de galegas desde o ano 2003, sete delas no 2014, e case 700 no Estado español”.

Dende Galiza Nova queremos amosar o noso rexeitamento total da violencia machista, esiximos responsabilidades, e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega para que tome parte nas concentracións.

Lugares e horas das concentracións xa confirmadas:

– A Coruña, diante dos Xulgados ás 19:30 horas.

– Ferrol, diante dos Xulgados ás 19:30 horas.

– Ourense, diante dos Xulgados ás 19:30 horas.

– Compostela, diante dos Xulgados ás 19:30 horas.

– Lugo, diante dos Xulgados ás 19:30 horas.

paremos o feminicidio