A Asemblea Comarcal de Galiza Nova no Condado ven de elixir por unanimidade a Ainhoa Barros como Responsábel Comarcal. Ademais, Hugo Domínguez será Vicerresponsábel Comarcal e Miguel Bouzó Responsábel de Organización. A elección prodúcese no marco do proceso posterior á XIV Asemblea Nacional de Galiza Nova, que tivo lugar o pasado 26 de novembro en Compostela. Seguindo os Estatutos de Galiza Nova, despois de cada Asemblea Nacional, as comarcas deben renovar as responsabilidades.

Ante o Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Fernández, a Asemblea marcou como obxectivo para este novo período a continuación do traballo en todas as localidades da Comarca, así como o fortalecemento da organización xuvenil naquelas localidades nas que se conta cunha estrutura máis feble. Deste xeito, o reto é levar a Galiza Nova a ser o referente da mocidade no Condado.

Ainhoa Barros afirmou asumir a responsabilidade “con ilusión e ganas de traballar por fortalecer Galiza Nova para dar resposta ás necesidades da mocidade na comarca e aportar a nosa solución ás problemáticas que as mozas e mozos nos atopamos no día a día”

Leave a Reply

Your email address will not be published.