Manifestación o pasado ano en contra da ilegalización das organizacións políticas.

Aledámonos da revogación da ilegalización de Causa Galiza

Manifestación o pasado ano en contra da ilegalización das organizacións políticas.
Manifestación o pasado ano en contra da ilegalización das organizacións políticas.

Dende Galiza Nova aledámonos da da revogación da ilegalización da organización Causa Galiza. Entendemos que non se debe privar do dereito a organizarse políticamente ao pobo galego de ningunha maneira, polo que nos congratulamos de que Causa Galiza teña recuperado o seu status de organización política legal.

Demandamos desde a organización xuvenil nacionalista garantías para o pleno exercicio das liberdades de reunión, asociación e manifestación de todas as galegas e galegos. Por iso nos congratulamos do levantamento da suspensión das actividades de Causa Galiza. Neste senso, amosamos -como xa temos feito en anteriores ocasións- o noso firme compromiso na defensa dos dereitos humanos.

Porén, somos conscientes de que o Estado Español está a perseguir os dereitos democráticos máis básicos e de liberdades de expresión por medio da Lei Mordaza e as súas sancións xudiciais e administrativas. Proba disto sen ir máis lonxe é que as persoas encausadas na Operación Jaro seguen tendo problemas coa xustiza española, así coma a vaga de represión que percorre todo o movemento soberanista galego. Polo tanto animamos a mocidade galega a seguir loitando no camiño dunha Galiza na que non exista persecución polas nosas ideas.