Presentación Voltar á TerraGaliza Nova saúda á iniciativa Voltar á Terra para denunciar o éxodo xuvenil ante as políticas liquidacionistas españolas que foi apresentada esta mañá na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela.

Impulsada por un grupo de galegas e galegos arredor do mundo que, tras artellar un grupo de traballo apoiado pola Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Galegos Retornados e a Asociación de Emigrantes Retornados Marusía, culminou na creación da plataforma Voltar á Terra. Así o explicou Manolo Do Val, pai de moza emigrada e coordinador da iniciativa.

Despois da proxección dun vídeo feito por galegas de todo o mundo dando lectura ao manifesto que se fixo público hoxe, Do Val lembrou en tres de cada catro fogares galegos hai alguén emigrado, así coma que máis de 200.000 persoas abandonaron Galiza dende o 2007, o que equivale á suma da poboación das cidades de Ferrol e Lugo.

Pola súa banda, Natalia Cabana, que emigra cara Inglaterra o vindeiro martes, explicou que Voltar á Terra nace coa vontade de xerar conciencia entre as persoas que viven na Galiza e as que que tiveron que emigrar, esixindo entre todas cambios políticos que nos permitan vivir dignamente no noso País.

Tamén quixo dar o seu apoio Guillerme Ignacio, membro de Quempallou, quen explicou o que supón a emigración desde a perspectiva do familiar e amigo, e interpretou unha cantiga de Cotobade dirixida ás que tiñan que marchar a buscarse a vida fóra.

Coma sinalaron, o primeiro paso da iniciativa e a recollida de apoios individuais e de distintas entidades por medio de https://voltaraterragalega.wordpress.com, e xunto as galegas na terra e na emigración que queiran colaborar e unirse a iniciativa, facer valer os nosos dereitos diante de institucións que terían que representarnos e non forzarnos a marchar.

Leave a Reply

Your email address will not be published.