Apoio ás mobilizacións pola absolución das 12 independentistas de Causa Galiza e Ceivar

Nos últimos anos desenvolveuse desde o aparato do estado máis unha campaña de criminalización e persecución da disidencia. Na nosa nación traduciuse nunha crecente presión sobre os movementos sociais populares e sobre organizacións políticas molestas para o grande capital español. Trátase de impoñer o discurso único, de imposibilitar sequera a afirmación doutro sistema e doutras identidades que non sexan o capitalismo e o españolismo.

Os herdeiros dos tribunais de orde pública franquista, coñecidos hoxe como Audiencia Nacional, piden máis de 100 anos de cárcere ás 12 persoas encausadas apoiándose nunha serie de acusacións improvisadas ao longo dun proceso longo e carente de transparencia. Galiza Nova quere amosar o seu absoluto rexeitamento ao xuízo-farsa que se celebrará a vindeira semana contra militantes e activistas do movemento nacional-popular. Contra a represión e polas liberdade democráticas plenas!

Este 18 estaremos en Compostela, esixindo a absolución total. A loita continúa!