Artigo de Miguel Blanco contra o peche de Alcoa

Miguel Blanco, militante de Galiza Nova na comarca da Coruña

A Galiza da economía real, a Galiza do traballo e da industria, a Galiza que ten máis de medio millón de persoas en risco de exclusión social segundo os últimos informes, sométese con crueldade ás leis do mercado, aos dictames das multinacionais, coas que sempre gaña os máis poderoso.

Escóitanse estes días os berros dos traballadores e traballadoras de Alcoa, a gran multinacional do aluminio caracterizada por levar anos mantendo en vilo ao seu cadro de persoal na Coruña. Ameazas que despois de anos e anos  rematan por cumprirse.

Hoxe a factoría de Alcoa abona uns catro céntimos por kilovatio/hora, cinco menos có resto da industria e seis veces menos que os 23 que pagan os fogares…

Xungíu os seus anteriores intentos de peche ao incremento dos custos laborais cando subían os prezos e os salarios estaban conxelados. Queixouse da materia prima. Queixouse dos seus baixos beneficios, cando o importante é que a factoría seguía dando beneficios. Queixouse da globalización e da competencia de China, e agora, quéixase do prezo da enerxía, que supón un 40% dos seus custos de produción.

Por que ao veto da tarifa eléctrica galega? As casas e comercios que nos rodean pagan a luz máis cara para que á industria lle saia máis barato. Hoxe a factoría de Alcoa abona uns catro céntimos por kilovatio/hora, cinco menos có resto da industria e seis veces menos que os 23 que pagan os fogares, despois de recibir mil millóns de euros para rebaixar a súa factura eléctrica na última década. Mentres tanto, privatízanse beneficios e socialízanse perdas. Temos que exixir responsabilidades aos culpabeis da subida da factura eléctrica, porque os cidadáns pagamos este alto custo cada mes, pero estes días, 700 perosas na Coruña e Avilés págano con algo moito peor, co seu emprego, co seu futuro. Hai que resistir para poder subsistir, porque as multinacionais seguen demostrando que son o capitalismo sen patria, e por iso, é un elemental deber cívico resistir con eles, porque unha fábrica é moito máis que unha fábrica. Mañá, eu estarei manifestándome coas traballadoras e traballadores de Alcoa.

Leave a Reply

Your email address will not be published.