As mozas galegas cara a folga do 8M en Noia

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova da comarca de Muros-Noia organiza unha asemblea aberta de mozas (non mixta) este sábado 3 de marzo ás 20:00h no Bar Adega do Pazo (Rúa Cantón, 17), para socializar a convocatoria de folga de mulleres convocada para o 8 de marzo entre as mozas e preparar os traballos de cara as grandes mobilizacións que terán lugar na Galiza para reivindicar os dereitos das mulleres.

Nesta asemblea analizarase tamén, a situación de triple opresión das mozas galegas. Cando dicimos que as mozas galegas estamos oprimidas de xeito triplo non é unha consigna baleira: sufrimos o patriarcado, o capitalismo e vivimos nun País que actualmente funciona como unha colonia do Estado español.

Para iso contaremos coa presenza e as intervencións de Lucía Freire, sindicalista da CIG, e Tamara Vidal, responsábel comarcal da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova.

Leave a Reply

Your email address will not be published.