AS MOZAS GALEGAS CARA A FOLGA DO 8M EN OURENSE

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova da comarca de Ourense organiza unha asemblea aberta de mozas (non mixta) este xoves 22 de febreiro ás 18:30h no Edificio de Ferro (Aula 0.10), para socializar a convocatoria de folga de mulleres convocada para o 8 de marzo entre as mozas e preparar os traballos de cara as grandes mobilizacións que terán lugar na Galiza para reivindicar os dereitos das mulleres.

Nesta asemblea analizarase tamén, a situación de triple opresión das mozas galegas. Cando dicimos que as mozas galegas estamos oprimidas de xeito triplo non é unha consigna baleira: sufrimos o patriarcado, o capitalismo e vivimos nun País que actualmente funciona como unha colonia do Estado español.

Para iso contaremos coa presenza e as intervencións de Xulia González, Secretaria Comarcal de Mulleres da CIG e Claudia Rivera, da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova.

 

Leave a Reply

Your email address will not be published.