As mozas galegas cara a folga do 8M en Pontevedra

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova da comarca de Pontevedra organiza unha asemblea aberta de mozas (non mixta) este xoves 8 de febreiro ás 19:30 na Casa da Luz (Praza da Verdura), para socializar a convocatoria de folga de mulleres convocada para o 8 de marzo entre as mozas e preparar os traballos de cara as grandes mobilizacións que terán lugar na Galiza para reivindicar os dereitos das mulleres.

Nesta asemblea analizarase tamén, en conxunto coa central sindical, a situación de triple opresión das mozas galegas. Cando dicimos que as mozas galegas estamos oprimidas de xeito triplo non é unha consigna baleira: sufrimos o patriarcado, o capitalismo e vivimos nun País que actualmente funciona como unha colonia do Estado español.

Para iso contaremos coa presenza e as intervencións de Uxía Couto, responsábel comarcal da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova en Pontevedra e Diana Rodríguez, secretaria comarcal da CIG-Servizos Pontevedra e unha das dirixentes da exitosa folga de Bershka do último mes de novembro.

 

Leave a Reply

Your email address will not be published.