AS MOZAS GALEGAS CARA A FOLGA DO 8M NA CORUÑA

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova da comarca da Coruña organiza unha asemblea aberta de mozas (non mixta) este mércores 21 de febreiro ás 19:00 no Local do BNG (Rúa Damas, 4), para socializar a convocatoria de folga de mulleres convocada para o 8 de marzo entre as mozas e preparar os traballos de cara as grandes mobilizacións que terán lugar na Galiza para reivindicar os dereitos das mulleres.

Nesta asemblea analizarase tamén, a situación de triple opresión das mozas galegas. Cando dicimos que as mozas galegas estamos oprimidas de xeito triplo non é unha consigna baleira: sufrimos o patriarcado, o capitalismo e vivimos nun País que actualmente funciona como unha colonia do Estado español.

Para iso contaremos coa presenza e as intervencións de Marga Corral, Secretaria de Mulleres da CIG e Cecilia Diéguez, da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova.