AS MOZAS GALEGAS CARA O 8M EN CAMBADOS

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova da comarca do Salnés organiza unha asemblea aberta de mozas (non mixta) este venres 2 de marzo  ás 18:00h no Salón Exposalnés de Cambados, para socializar a convocatoria de folga de mulleres convocada para o 8 de marzo entre as mozas e preparar os traballos de cara as grandes mobilizacións que terán lugar na Galiza para reivindicar os dereitos das mulleres.

Nesta asemblea analizarase tamén, a situación de triple opresión das mozas galegas. Cando dicimos que as mozas galegas estamos oprimidas de xeito triplo non é unha consigna baleira: sufrimos o patriarcado, o capitalismo e vivimos nun País que actualmente funciona como unha colonia do Estado español.

Para iso contaremos coa presenza e as intervencións de Marta Ferreiro, Sindicalista da CIG, e Mariña Area, da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova O Salnés.