As mozas galegas cara o 8M en Compostela

 

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova da comarca de Compostela organiza unha asemblea aberta de mozas (non mixta) este mércores 28 de febreiro ás 19:00h na Facultade de Filosofía (Aula 2), para socializar a convocatoria de folga de mulleres convocada para o 8 de marzo entre as mozas e preparar os traballos de cara as grandes mobilizacións que terán lugar na Galiza para reivindicar os dereitos das mulleres.

Nesta asemblea analizarase tamén, a situación de triple opresión das mozas galegas. Cando dicimos que as mozas galegas estamos oprimidas de xeito triplo non é unha consigna baleira: sufrimos o patriarcado, o capitalismo e vivimos nun País que actualmente funciona como unha colonia do Estado español.

Para iso contaremos coa presenza e as intervencións de Marga Corral, Secretaria de Mulleres da CIG, e Rebeca Cambeiro, responsábel da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova.

 

Leave a Reply

Your email address will not be published.