As mozas galegas precisamos de espazos propios!

Este mércores 27 de Novembro, Galiza Nova, presentou conxuntamente co Bloque Nacionalista Galego unha moción no Concello de Tui a fin de
demandar un novo uso ao antigo edificio de Cam Fram.


A dia de hoxe, as mozas de Tui contamos apenas cunha casa da xuventude totalmente en desuso e cuxas instalacións son incapaces de responder ás nosas necesidades.


Estásenos negando a nosa existencia colectiva, as mozas e mozos temos que contar con espazos para o desenvolvemento de proxectos e actividades, onde poder estar en contacto co noso tecido asociativo e cultural, e traballar as nosas capacidades creativas como unha forma de ocio alternativa.


Desde Galiza Nova propoñemos o uso do edificio de Can Fran para a
creación de espazos para uso social, entre eles unha Casa da Mocidade, que
conte con salas de ensaio debidamente equipadas, sala de estudo, talleres para as diversas expresións artísticas, espazos de teatro ou de deporte urbano. Proposta que será debatida en pleno mañá, 28 de Novembro.


No contexto actual, vemos de grande necesidade a construción destes espazos. Non só pola necesidade de un local de uso social no centro de Tui, realmente activo e á disposición da sociedade en xeral e de calquera colectivo que o precise, senón tamén como alternativa a unha sociedade cada vez mais individualista: o asociacionismo de base, sobre todo na mocidade é unha peza chave para a mellora colectiva.


Para a mocidade Tudense de agora, e para a que vén é unha oportunidade que non podemos deixar pasar.