Difunde as nosas liñas para o emprego xuvenil!

É falso que non haxa outro camiño. Existen alternativas que a curto prazo rematarían co desemprego xuvenil e que xerarían emprego digno para a mocidade.

As accións de Feijóo e Rajoy provocan que cada día 70 moz@s de entre 20 e 34 anos abandonen Galiza. Máis de 26.000 emigraron o pasado ano!! Condénannos ao éxodo precarizando as condicións laborais, favorecendo unha maior temporalidade, contratos a tempo parcial e traballo sen dereitos. Actualmente a taxa de paro xuvenil na Galiza supera o 50% e máis de 80 000 moz@s que queren traballar non atopan emprego. Por iso esiximos que se leven a cabo unha serie de políticas urxentes:

Podes botarlle aquí un ollo ás liñas de emprego xuvenil que vimos de anunciar. Podes tamén baixar o documento nesta mesma ligazón.