ASEMBLEA NON MIXTA EN PONTEVEDRA

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova da comarca de Pontevedra organiza unha asemblea aberta de mozas (non mixta) este xoves 21 de febreiro ás 19:30h na Casa da Luz, para socializar entre as mozas a folga de mulleres convocada para o 8 de marzo e preparar os traballos de cara as grandes mobilizacións que terán lugar na Galiza para loitar polos dereitos das mulleres.

Nesta asemblea analizarase tamén, a situación de triple opresión das mozas galegas. Cando dicimos que as mozas galegas estamos oprimidas de xeito triplo non é unha consigna baleira: sufrimos o patriarcado, o capitalismo e vivimos nun País que actualmente funciona como unha colonia do Estado español.

Para isto contaremos coa presenza e as intervencións de María Rodríguez, sindicalista da CIG, e Uxía Couto, Responsábel da Asemblea de Mulleres em Pontevedra.

Leave a Reply

Your email address will not be published.