Audiovisuais e recital aberto en Gondomar polo dereito ao traballo na terra

correxidoVén coa Galiza Nova este venres ás 20.15h ao Café Rañolas de Gondomar e participa do acto reivindicativo no que analizaremos a situación dramática de desemprego e emigración que padece a mocidade galega, a través dun recital aberto no que agardamos da túa participación.

A poeta e sindicalista Marta Dacosta abrirá un coloquio sobre a denuncia da emigración na obra de Rosalía de Castro e proxectarase o documental Deixádeos Pasar sobre a pervivencia dos versos de Rosalía, para coñecermos a rebeldía que supuxeron e supoñen aínda a día de hoxe os seus textos e os seus avanzados posicionamentos.