Avante a República Galega!

murallaChamamos á mocidade galega a actuar para crebar o modelo actual, rebelarse contra o sistema imperante e a monarquía española, corrupta, anacrónica e herdeira do legado de Franco.

Chamamos ás mozas e mozos da Galiza a rebelarse contra a explotación e emigración xuvenís e a loitar polo traballo digno e na terra. Chamamos a rebelarse contra a privatización e elitización do ensino e a defender os servizos públicos e de calidade. Chamamos a rebelarse contra a corrupción do goberno e da Monarquía española.

Chamamos á rebelía para construírmos entre tod@s unha sociedade nova, a través da ruptura democrática co sistema, que dea pé a un novo proceso constituínte para a nación galega do que naza a República da Galiza.